Navegando entre papel e contos Mar Adiante- Xandobela na Biblioteca do Milladoiro (Ames)
O venres 25 os nenos e nenas inscritos puideron gozar, na biblioteca do Milladoiro, do obradoiro Navegando entre papel e contos Mar Adiante creado por Xandobela. Unha estupenda ocasión para coñecer de primeira man a obra de María Victoria Moreno adentrándose no universo creado por ela en Mar Adiante. Ademais os particpantes puideron dar renda solta ás súas habilidades plásticas creando figuras mariñas en papel.