Sarabela Teatro na Axencia de Lectura Municipal de Tirán
O pasado venres en Tirán Sarabela Teatro, con “Isto non é unha caixa”, regalounos un precioso espectáculo. Unha viaxe pola imaxinación acompañado de música e mímica.
Percorremos o espazo, o sol, o mundo, a nube e o vento. Tamén a gran muralla.
Sen dúbida foi moito máis que unha caixa.