Maxia divertida 2.0 na Biblioteca Municipal de Fene a cargo do Mago Paco
Onte tivemos unha visita moi especial e divertida na Biblioteca Municipal de Fene e pasámolo moi ben, xa que gozamos da compañía e da actuación do gran Mago Paco coa súa actividade Maxia divertida 2.0, donde presentou aos nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e aos seus pais, nais e avós unha morea de contos e historias a través de xogos e de maxia, levándoos a descubrir a “maxia divertida” que esconden as narracións.
O Mago Paco tívonos moi entretidos durante todo a actuación, sacounos unha chea de risas e fixo aos máis pequenos partícipes das súas historias, xogos e maxia. Unha gran elección a actuación do Mago Paco para celebrar que pronto remata o colexio para os pequenos.
Grazas ao Mago Paco por facernos pasar unha tarde moi divertida e por ensinarnos trucos e xogos de maxia!!