Paxariños na Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis
A tarde do venres 15 de xuño foi especial. A biblioteca encheuse de nenos e nenas entre os seis meses e os tres anos para gozar coa sesión de contos teatralizada de Trinketrinke Teatro. Vanessa trouxo un feixe de contos e unha sorpresa, un enorme ovo do que naceu un pito moi especial.