“Paxariños” de TrinkeTrinke Teatro na Biblioteca Municipal de Lugo
O pasado xoves, 14 de xuño, os usuarios máis pequenos da biblioteca foron os destinatarios do espectáculo Paxariños de TrinkeTrinke Teatro. Para moitos deles era o seu primeiro contacontos e tendo en conta o ben que o pasaron, seguro que non será o último.