Actuación de Luis Vallecillo na Escola de Educación Infantil de Lañas (A Baña)
O mércores 20 de xuño de 2018, Luis Vallecillo actuou na Escola de Educación Infantil de Lañas, dentro da campaña de animación á lectura nas escolas infantís. Chegado o fin de curso, nenos e nenas e as súas familias puideron contar, cantar e bailar ao son do espectáculo Cantamos? Na actuación, Luis Vallecillo repasou unha serie de contos coñecidos e outros de creación propia cun toque de rock e blues en galego.