Soul e literatura na Biblioteca Municipal Os Templarios de Cambre
Iria Mejuto fascina coa súa voz. Deixa abraiado a quen a escoita. Voz e interpretación.
“Soul e literatura, un paseo, entre liñas, pola música negra” é un espectáculo musical que compaxina música e literatura. Unha coidada selección musical interpretada en directo e que vai intercalando con lecturas de textos de diversa índole, pero co común denominador da música.
Iria, acompañada polo magnífico guitarrista Richi Rozas, reinterpreta grandes éxitos da música negra. É precisamente unha auténtica posta en valor da cultura negra e as súas influencias no momento actual.
Moi recomendable para realizar na biblioteca. Para difundir o fondo musical que contén e para espertar sensibilidades diversas. A partir desta actividade pódese potenciar a poesía, tan ligada á música, ou un paseo pola novela con referencias musicais…
A música en vivo na biblioteca é unha experiencia para repetir.