“TIC TAC TOC canta conmigo” de Pablo Díaz na BPM Luis Rei de Cambados
O venres 6 de xullo, nos xardíns da biblioteca Luis Rei tivemos o pracer de contar coa actuación musical de Pablo Díaz co espectáculo “TIC TAC TOC canta conmigo”. O numeroso público asistente gozou cantando e bailando as cancións de Pablo Díaz.
Conseguiu captar a atención dos cativos dende o primeiro momento.
Fantástica experiencia para os asistentes!!!