“Rescate na Biblioteca” na Biblioteca J. Saramago do CSC de Sta. Marta en Santiago
O venres, 15 de xuño, na Biblioteca J. Saramago do CSC de Sta. Marta, convertémonos todos en pequenos detectives para axudar a Carmiña e Xustino, uns bibliotecarios un tanto despistados, a resolver a lea na que se meteron. Unha actividade moi interesante que fixo que os participantes se mergullasen de cheo en tódolos recunchos da biblioteca, e o mesmo tempo achegalos/as a labor dos bibliotecarios/as.