O grupo teatral a run run visita Vilar de Santos, coa súa obra “calcetíns”
O grupo teatral A RUN RUN levou a cabo nas aforas da biblioteca pública de Vilar de Santos, a súa actuación “calcetíns”, unha actuación dirixida en especial a nen@s de cero a tres anos que foron os principais protagonistas. Puideron experimentar e manipular con diversos materiais, así como, observar como ía cambiando a escenografía a medida que transcorría a secuencia do conto. Tanto a música, a vestimenta, a linguaxe xestual e a trama do conto lograron captar a atención de todos os asistentes. As familias e as crianzas fóronse involucrando na actividade deixando voar a súa creatividade e imaxinación.