O raposo Rufo na Biblioteca Municipal de Lugo
O xoves, 19 de xullo, Dani Viétez e Iria Iglesias, autores da colección de libros de O raposo Rufo, desenvolveron na Biblioteca Muncipal de Lugo un contacontos sobre o coidado de medio e a importancia da reciclaxe.
Entre as posibilidades de reciclaxe suxeriron a reutilización das caixas como teatriños para o que os nenos e nenas realizaron os seus propios monicreques.