Historias sorprendentes para nenas e nenos diferentes…na BPM do Saviñao
Día 7 de setembro de 2018 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
Xa é setembro e pronto volve o cole e é un bo momento para calmar un pouco os nervios que provoca a sensación de que acaban as vacacións e volve o tempo da escola. E na biblioteca preparámonos a fondo para a volta ó cole cunha selección de libros moi especiais e coa sesión de contos do catálogo Ler conta moito:
Historias sorprendentes para nenas e nenos diferentes,
da man de Ernesto Is
o 7 de setembro, ás 12:00 na sala infantil
á que asistiu quen algunha vez se sentiu diferente, quixo soñar con nenos e nenas moi especiais que nos fixeron protagonizar historias imposibles, viaxar a planetas afastados, medrar e encoller de tamaño, converternos en… o animal nena, ou o animal carpinteiro, coñecer á superheroína Megawoman, saber que lle pasou ó neno Tito-dinosauro, ou coñecer os glomdulubolianos.
Comezamos cun intenso e moi efectivo entrenamento para atender e entender mellor os contos: abrindo moito os ollos e as orellas…
e pechando a boca para falar só cando hai que participar falando…
Acompañamos a Mara cando se converteu no animal nena un día no que no lugar onde vivía deixaron de funcionar todos os aparellos electrónicos.
Pensamos en cal é o noso superheroe ou superheroína favoritos cando a Max lle fixeron a mesma pregunta. Tamén e que pasa cando nos portamos mal, mentras escoitamos como Tito se converteu nun dinosaurio por comportarse coma un na casa e á mesa.
Imaxinamos como quedou a cidade de Krakovia cando chegaron os glomdulubolianos para tinxilo todo de gris ata que marcharon.
Todo isto aderezado coa selección de libros sobre o cole e nenos e nenas diferentes, instalados na Casa dos ratos.