“O Paroleiro” Os Contos de Pablísimo emocionan na Biblioteca de Chapela
Por vez primeira recibimos no noso Concello ao magnífico narrador Os contos de Pablísimo, e a expectativa non defraudou. Pablísimo achegounos historias divertidas, sorprendentes e máxicas co seu contacontos “O Paroleiro”.
Contos clásicos e novos como:
– Dona Carme
– Medio elefante
– O sultán e os ratos
– Os tres porquiños

Atraparon a nenos e grandes nun espectáculo que non perdeu intensidade e emoción en ningún momento. Un agasallo sonoro e visual que nos deixou moi bo sabor de boca neste comezo de outono.
VER MÁIS NO NOSO BLOG: http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2018/09/o-paroleiro-os-contos-de-pablisimo.html