OLGA ABAD NA BIBLIOTECA CENTRAL MUNICIPAL “HENRIQUE RABUÑAL”
Este xoves, 27 de setembro estivo connosco Olga Abad desenvolvendo un obradoiro: As nosas historias.
Esta actividade consistiu en facer sombras chinesas e contar historias baseadas nas mesmas. Olga mostrou os nenos e nenas participantes os efectos que se podían facer, debuxaron personaxes en cartolina e recortáronos posteriormente pegándolles un pau, despois con estas figuras representaron o conto “O galo Quirico”, o mesmo tempo que facían a representación un compañeiro ía narrando o conto.
Os participantes pasaron unha tarde divertida e fíxoselles curta a duración da actividade (1 hora e 15 minutos).