“Cociñamos música” na Casa da Cultura de Allariz!
Seguimos coas actividades do programa Ler conta moito 2018 coa visita do Capitán Garfo e o seu concerto ” Cociñando Música”.
Esta vez visitáronnos os nen@s de 1º, 2º e 3º de educación primaria do colexio Padre Feijoo de Allariz.
Gozaron dun concerto moi dinámico, divertido e didáctico, con música en directo dun gran profesional como Saúl.
Pasámolo moi ben!!