ELISABET HILLERUD NA BIBLIOTECA CENTRAL MUNICIPAL “HENRIQUE RABUÑAL” DE ARTEIXO
Onte, 4 de outubro, estivo na Biblioteca Central Municipal “Henrique Rabuñal” de Arteixo Elisabet Hillerud.
Elisabet desenvolveu un obradoiro para a rapazada de entre 6 e 10 anos, neste obradoiro utilizaron o método zentangle para decorar cadernos de lectura. Esta técnica consiste en trazar patróns repetitivos que crea belas imaxes e fomentar a tranquilidade e a concentración, desenvolvendo a creatividade e a sensibilidade artística.
Os asistentes gozaron da actividade durante a hora e media que discorreu a mesma, logrando a atención e a concentración (obxectivo prioritario do obradoiro) por parte dos participantes.
Todos saíron satisfeitos co traballo realizado.