Poesía e música con MANOELE DE FELISA
O venres 5 de outubro estivo na Biblioteca de Sober o cantautor Manoele de Felisa. Coa poesía de Rosalía, Neira Vilas e outros poetas galegos escoitamos unha extraordinaria voz acompañada pola guitarra que dun xeito lúdico achega a poesía aos máis novos da biblioteca.