Superheroes e Superheroínas na Biblioteca de Dorneda (Oleiros)
Supervoladora, Cazaman, Superconejo, Superunicornio… estes son algúns dos superheroes e superheroínas que xurdiron da imaxinación dos nenos participantes no Obradoiro de Laura Alonso “Constrúe o teu propio superheroe ou superheroína” este luns 8 de outubro na biblioteca de Dorneda. Unha interesante e imaxinativa actividade que despertou a creatividade dos asistentes.