“AS PARÁBOLAS DE PAKOLAS” na BIBLIOTECA “FCO A. VIDAL” de O FROXEL – ARTEIXO
O martes 16 de outubro “As parábolas de Pakolas” chegaron a nosa Biblioteca da man de Paco Cerdeira.
Os nenos e nenas poideron bailar, cantar e coñecer instrumentos musicais, como o theremín e a guitarra eléctrica.
Paco interpretou temas a ritmo de rock e máis estilos, alternando coa narración das historias que nelas se recollen.