“A maxia dos contos” na Axencia de Lectura de San Vicente
Expresión Produccións achegou ata a Axencia de Lectura de San Vicente un divertido espectáculo de animación á lectura con varios ingredientes: maxia, contos, monicreques, adiviñas, participación diversión e moito máis que que fixeron as delicias do público asistente.
Todos os membros da familia foron introducíndose no mundo máxico dos contos coa axuda dunha maleta máxica e da man dos seres fantástico que nela habitan