“Deseño de mochilas para grandes lectores” na Biblioteca de Portonovo
Este luns 22, para festexar que esta semana celebrábamos o Día da Biblioteca, tivemos un taller que levou a cabo O Faiado de Nin.
Os participantes elaboraron a decoración para as súas mochilas que lles van permitir sacar en préstamo o material da biblioteca e transportalo sen nengún problema e con unha bolsa feita por eles. Foron moi diversas as ideas e a posta en práctica foi moi divertida.
E por suposto a satisfacción dos nenos e nenas foi moi grande, estaban todos moi orgullosos das súas bolsas, como podedes ver nas fotos.
Moitas grazas ó Faiado de Nin pola proposta.