Radio BULEBULE con Paco Nogueiras na Biblioteca Central de Cambre
Magnífico, como sempre, o espectáculo de Paco Nogueiras. Con el celebramos na Biblioteca Central de Cambre o Día da Biblioteca.
Radio BULEBULE semella un programa radiofónico con música, humor, entrevistas, concursos, baile, cancións e tamén premios. Non falta a súa sintonía de entrada, axenda cultural, tertulia, noticias, sinais horarios ou previsión meteorolóxica.
Vivimos un auténtico programa de radio en directo, moi divertido, onde nenas e nenos son os verdadeiros protagonistas.
Escenario moi ben composto, colorista, presidido por unha enorme, enorme radio e unha mesa de son.
Radio BUBLEBULE está basado no libro-CD-DVD editado por Kalandraka Editora.
Paco Nogueiras conecta moi ben co público. Composicións moi coidadas, cancións moi pegadizas, con moito ritmo que invitan a bailar.
A frescura do seu estilo e o dinamismo que contaxia, fai que este gran compositor e intérprete nunca defraude.