“Os contos do chupete” con Migallas Teatro na biblioteca Monte Alto (A Coruña)
Para celebrar o Día da Biblioteca como se merece, as familias do barrio de Monte Alto foron convidadas a compartir unha tarde con Migallas Teatro. Presentáronnos a un amigo moi especial, un lobiño que non era quen de quitar o chupete. Pero grazas a axuda do público, os contos e as cancións, conseguimos distraelo e que o esquecera por completo. Escoitamos clásicos como “A ratiña presumida” ou “Os tres porquiños” e outros como “Lúa” ou “Crocodrilo”, que soan tan ben cando os cantamos.
¡Qué ben o pasamos! Esperamos que volvan noutra ocasión. ¡Grazas!