Fantasía Musical con Jorge e María na Biblioteca de Outes
O 22 de outubro comenzamos as actividades do día da biblioteca. As 10 da mañá os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria do colexio de Outes visitaron a biblioteca, para posteriormente as 11 baixar o salón de actos, donde se xuntaron cos de infantil do mesmo colexio, para asistir ao concerto “Fantasía musical con Jorge e María”, do programa Ler conta Moito. Unha festa musical coas letras do abecedario. Un concerto dinámico, con moita interacción cos nen@s que cantaron, bailaron, e tocaron instrumentos.
Pasámolo de marabilla e os nen@s e os profes saíron encantados.
O terminar o concerto foron os de infantil de 5 anos os que subiron a biblioteca a facer unha visita guiada.