O cataventos e outras historias de Vilaxeada na BPM de Outes
O 26 de outubro para rematar cas actividades do Día da Biblioteca, os alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do Colexio de Outes asistiron a unha sesión de contacontos: “O cataventos e outras historias de Vilaxeada”. Baseándose en relatos de Mª Victoria Moreno, Charo Pita trasladounos a Vilaxeada para contarnos relatos dunha velliña moi especial, un cataventos e outras historias.

