Encontro con Paula Carballeira na Biblioteca Municipal Os Rosales
Novo Encontro para pais, nais, fillas e fillos, nos que tentamos achegar varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a biblioteca xunto á colaboración de diferentes profesionais.
Nesta ocasión a nosa invitada foi Paula Carballeira. Pometeunos acompañarnos, coñecer algún medo, algunha terra de lonxe, algo dela e da súa familia. Prometeunos sorpresas, aventuras e sorrisos e conseguino de cheo.
Coma sempre un pracer!
Biblioteca Municipal Os Rosales