Obradoiro de creación de teatros de papel na Biblioteca Municipal de Lugo
Juste Kamishibai, Papel e Teatro, achegounos onte ao mundo do teatro para que coñeceramos a estrutura dun teatro clásico.
A continuación, os nenos e nenas puxeron a traballar a súa imaxinación para crear unha historia cos seus personaxes e escenarios e realizaron a súa propia maqueta, na que poder representar a historia elixida.