“Bibliotecas para mudar o cambio climático” en Vilagarcía de Arousa
Os mozos e mozas da biblioteca de Vilagarcía asistiron ao espectáculo do divulgador científico Manuel Vicente García, quen realizou diversos experimentos para acercar aos asistentes os conceptos físicos asociados ao efecto invernadoiro, así como os mitos e realidades sobre o cambio climático.