A cidade violeta con Anxo Fariña na Biblioteca de Irixoa
O pasado día 28 de agosto Anxo Fariña visitou a Biblioteca Municipal de Irixoa co obradoiro A cidade violeta. Os nenos e nenas crearon un libro aplicando a luz ultraVIOLETA. Viron como debería ser unha cidade SEN VIOLENCIA DE XÉNERO, e con igualdade entre mulleres e homes. Un libro-escultura para crear, xogar, ler na escuridade.