“AS MULLERES ASTRÓNOMAS” DE CIENCIA EN RUTA NA BIBLIOTECA DE MUXÍA
CIENCIA EN RUTA achegounos onte a unhas primeiras nocións sobre o sistema solar e tamén á figura de varias mulleres astrónomas. Esta actividade veu a Muxía pola subvención de actividades de animación á lectura pola igualdade e contra a violencia de xénero.
Quizais no público había nenas e nenos moi pequenos, pero para unha idade a partir de nove anos é moi recomendable e didáctica. Con todo as máis pequeniñas xa saben que poden ser o que queiran e que houbo importantes mulleres científicas. Disfrutaron moito tamén xogando cos planetas.