“A ovella Engracia” con Aldaolado na B.P.M. ” Ánxel Fole ” de Nós (Oleiros)
O venres, 13 de setembro tivo lugar na biblioteca de Nós o espéctaculo da Ovella Engracia a cargo de Aldaolado.
A ovella Engracia non está contenta coa vida que leva, pensa que é aburrida. Ela o que desexa é ver a lúa na noite.
Un día decídese e escapa do seu rebaño e vai detrás da lúa. Nesa viaxe atopárase con distintos animais que lle darán forza e ensinaran a confiar en si mesma.
Metáfora moi axeitada para abordar o tema da igualdade entre homes e mulleres e a violencia de xénero.
O público quedou encantado coa contada de María e Lucía, aderezado coas cancións na preciosa voz de Lucía.