A familia Papaventos visitou Ribeira con Charo Pita
Charo Pita contou para bebés de 0 a 4 anos e para as súas familias as historias da familia Papaventos.
O día 14 de setembro, sábado, ás 12.00 h comezou a ventar e ventar no salón de actos anexo á Biblioteca Pública Municipal de Ribeira… Ventaba dentro! É que nos contos pode pasar de todo, verdade?