Obradoiro “Os catro tesouros” a cargo de Miguel Cortés na B.P.M. “Mª José Trincado” de Mera (Oleiros)
O venres, 20 de setembro, introducímonos da man de Miguel Cortés no apaixoante mundo da escritura chinesa.
As nenas e os nenos tiveron a oportunidade de coñecer e soster nas súas máns os catro tesouros do escribán: pincel, tinta, tinteiro e papel cos que reproduciron algúns dos misteriosos caracteres da escritura chinesa.
Un obradoiro moi interesante que nos achegou un pouquiño máis á filosofía e beleza de todo un pobo. Especialmente recomendado para familias.