“Iguais e Diferentes” na Biblioteca Municipal Irmáns Camba de Vilanova de Arousa
A Biblioteca de Vilanova de Arousa acolleu, o pasado venres 20 de setembro, un espectáculo destinado a facer conciencia entre os máis pequenos de cuestións de igualdade entre xéneros.
Manuel Solla (Expresión Producións) transmitiu estes valores a través de contos, trucos de maxia e a participación dos asistentes.