A FAMILIA PAPAVENTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL OS TEMPLARIOS DE CAMBRE
O xoves 26 estivo na Biblioteca Charo Pita. Unha tarde para compartir bebés e adultos.
Xogos coas mans, o tren de María que corre pola vía…Cancións con retrousos pegadizos e doados de repetir…e o seu libro disco No País do Vento, como fío conductor da actividade, coa música da súa guitarra para acompañar as cancións.
No País do Vento nada queda quieto. Repasamos as partes do corpo a través de cancións. Aparece tamén O Rato de Contos de Ratiños chamando polo vento. Tamén está Don Dirindonga e Don Dirindón.
Neste país non faltan os animais, pitiñas e pitiños, como O Polo Pepe, que nos trae a súa historia.
Hai enormes xirafas que non collen nun coche, e arañas boas que acariñamos..
E No País do Vento vive tamén a Familia Papaventos, a nosa amiga.
Rematamos a actividade cos bebés ao cabaliño trotando moito, moito, moito e dicindo adeus…
Tarde divertida con música e contos.