“3´´ que animaliño é?” na Biblioteca Central Rialeda de Perillo (Oleiros)
Agotáronse as prazas para ver a obra Qué animaliño é? de Trémola Teatro. Nenas e nenos, nais e pais participaron en todo momento das cancións acompañadas de xilófono, ukelele e maracas. Seguiron moi ben o ritmo para reclamar a presenza de Paxaro, Peixe e Gato. E bailaron no medio de pompas de xabón. Xa agardan un novo espectáculo das tremoleiras.