“Contos para un mundo mellor” con Mamá Cabra na B.P.M. “Mª José Trincado” de Mera (Oleiros)
O venres, 27 de setembro, nenos/as e maiores cantamos e bailamos na biblioteca de Mera (Oleiros) ao son da guitarra de Gloria Mosquera e do teclado de Javier Constenla.
Desfrutamos de cancións e historias nas que se trataron temas como o medo, o coidado da natureza, o acoso escolar, o saber dicir non… facendo reflexionar sobre a importancia da empatía, da prudencia, da superación persoal, da cooperación e da responsabilidade como necesarios mecanismos de paz e felicidade.