Chimpos e brincos nos carreiros na Biblioteca Pública de Dorneda (Oleiros)
Onte Luns 30 de Setembro Lorena Pinheiro visitóunos na Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso de Dorneda-Oleiros. Ao fío dos seus cantos e música de pandeireta xurdiron os contos cheos de animais de fábula, como a raposa vaidosa ou a garza sen panza e tivemos unha sesión do máis entretida.