Anxo Fariña na Biblioteca de Pastoriza, “Dulcinea, a nena cabaleira”
O ilustrador e escritor Anxo Fariña, este venres 4 de outubro ás 11 da mañá, fíxonos un contacontos baseado no álbum ilustrado: “Dulcinea, a nena cabaleira, no que narrou historias de Breogán, que entra por arte de maxia no libro do Quixote de Cervantes. Apoiándose nas súas ilustracións no momento dos contos, Anxo fixo que os nenos aprendesen que fai maxia cos seus debuxos, coas súas ilustracións.
20 alumnas e alumnos da Escola de Educación Infantil de Barrionovo cos seus profes desfrutaron do conto, desfrutaron das ilustracións e algún debuxo de Anxo tamén levaron á escola…