Catoira cantou contos con Migallas Teatro
A compañía Migallas Teatro estivo o sábado 5 de outubro en Catoira co espectáculo “Canta connosco!”. Pequenos e maiores gozaron coas divertidas historias e anécdotas deste libro-disco-dvd que María e Carlos nos contaron e cantaron.