Obradoiro de escritura creativa na Biblioteca Pública Municipal de A Fonsagrada
En colaboración co CEIP Plurilingüe Santa María de A Fonsagrada, levamos a cabo o obradoiro de escritura creativa O poder das non tan pequenas cousas. Grazas a Andrea Barreira Freije que guiou ás alumnas e alumnos de 4.º, 5.º e 6.º de primaria deste centro para que imaxinaran e crearan outras historias posibles para os contos clásicos. Así logramos desarmar estereotipos aceptados que moi a miúdo impiden a educación na igualdade de dereitos das nenas e nenos.