Micromachista eu? de Caxoto contacontos visita a BPM do Rosal
O pasado venres 4 de outubro na BPM de O Rosal tivo lugar a actividade de “Micromachista eu? Encadrada dentro da categoría Igualdade e violencia de xénero, a través da cal Caxoto contacontos achegou ás persoas asistentes á realidade da igualdade facendo visible a presenza que teñen os micromachismos na nosa cultura, nos contos e mesmo no día a día.