“Procúrase Pepa a Loba” na Biblioteca “Antón Castro” de Meicende-Arteixo
Cristina Collazo amenizou a tarde deste xoves día 10, coa a súa particular adaptación da obra “Pepa a loba”. Nesta historia na que se mestura a música e a danza, podemos apreciar valores como a amizade e a rebelión feminina, a protagonista da sobradas mostras destes valores.
O público gozou dunha interpretación de moita calidade e, ao remate da función mesmo se interesaron na literatura dispoñible na biblioteca referente a personaxe da obra.