Historias sorprendentes para nenos e nenas diferentes. Na Biblioteca Municipal de Carballo
Quen non soñou esperto algunha vez? Ti, eu, todos nós poderíamos protagonizar estas historias imposíbeis, historias de nenas e nenos coas que viaxar a planetas afastados, medrar e encoller o noso tamaño, converternos en monstruosos dinosauros e xunto aos indios montar a cabalo.