“Un banquete con moito conto! na biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz (Oleiros)
Como cada mércores un atrevido e entregado grupo de nenas e nenos entraron onte na saliña onde facemos os obradoiros para, provistos de papel, lápices e pinturas e dirixidos de forma maxistral por Rebeca de Andamiaxe Innova darlle forma á súa fantástica historia que, e a falta de cociña para elaborala, consistía en un sabroso plato de letras e contos cheo de fantasía e imaxinación co fin presentar unha carta no novo restaurante que iban a crear.
Foi divertidísimo escoitar como cada un dos nenos e nenas contaban ao rematar as súas historias e comprobar como a imaxinación se desborda cando nos poñemos a inventar.
Unha moi boa presentación dos seus platos favoritos.