Trémola Teatro estivo na Biblioteca “Miguel Sande” de Pastoriza-Arteixo
Na tarde do xoves, día 17 de outubro, estivo connosco Trémola Teatro, as profesionais fixeron unha contada baseada en adaptacións de contos populares. O “Monstro Rosa” foi a persoaxe principal que amenizou a función, as historias de monstros divertiron a nenos e nenas, así como aos adultos asistentes. A satisfacción dos presentes, fixo que a maoría deles ao término da actuación levaran en préstamo libros relacionados cas contadas que acababan de presenciar.