Biblioteca Pública Municipal Xerardo Díaz Fernández de Porto do Son, actuación do mago Pedro Bugarín, promover a igualdade entre homes e mulleres.
O sábado 19 de outubro, tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal Xerardo Díaz Fernández de Porto do Son, a actuación do mago Pedro Bugarín, dentro do programa subvencionado pola Xunta de Galicia: actividades de dinamización da lectura que promovan a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas e/ou axencias de lecturas públicas de titularidade municipal.
Unha actividade, sobre a (Igualdade) Maxia de catro a catro”, a que asistiron 22 persoas, é un espectáculo do Mago Pedro Bugarín totalmente renovado e que se caracteriza por ser emocionante, versátil e sempre en clave de humor. Reúne maxia tradicional con xogos 3.0, ilusionando co máis mistico da literatura clásica e o máis moderno das tecnoloxías. Non deixará indiferente a ninguén teña 4 ou 107 anos. Sendo do agrado dos asistentes.