“Breve historia divertida do feminismo galego” na Biblioteca de Portonovo
O xoves 24 de outubro, Antía Yáñez estivo na Biblioteca de Portonovo para compartir con nos a súa proposta feminista.
Unha actividade moi interesante para descubrir ás mulleres que fixeron historia en Galicia e que non son visibles ás veces.
Figuras coma Exeria, a raíña Urraca, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Elisa e Marcela… mulleres que forman parte da nosa identidade e non sempre no lugar que lles correspondería.