“As aventuras de Daniela Pirata” na Biblioteca de Portonovo
O xoves 24 tivemos en Portonovo para celebrar o Día das Bibliotecas, a proposta de Donde viven los cuentos.
Dúas piratas moi valentes que nos falaron da igualdade de xénero da man do conto de Daniela Pirata. Unha nena que quere ser pirata e que ten que sortear numerosas probas para demostrar a súa valía.
Os nenos e nenas axudaron nas probas, participaron do proceso dunha poción noxenta, a busca dun tesouro seguindo as pistas no mapa… para acabar recibindo as súas cicatrices como meritorios piratas. Máis dun saía contando que eran resultado da loita con tiburóns ou crocodilos!