O Patrimonio Cultural de Láncara na nosa biblioteca
Teatro en Punto estivo en Láncara coa sua actividade de divulgación do coñecemento “O PC non é un ordenador”. Grazas ás dúas actrices-relatoras puidemos coñecer o concepto de Patrimonio Cultural, tanto material como inmaterial, a estar atentos ao noso redor e a poñelo en valor.
Petróglifos, mámoas, asentamentos e unha ponte romana, escudos, igrexas de diferentes épocas, persoeiros ilustres… Láncara é moi rica en patrimonio cultural. Se abrimos os ollos e facemos as preguntas adecuadas, contribuiremos a que perdure no tempo o xa herdado grazas aos nosos devanceiros. Os cambios están nas mans das nosas crianzas e mocidade, pero tamén conservar e legar de novo o patrimonio e tradicións.